Condicións de Uso
Condicións xerais de venda
Todos os pedidos de produtos aceptados por nós (en diante "o vendedor") son de acordo coas seguintes Condicións Xerais de Venda que formarán parte do Contrato de Venda. A aceptación dos produtos implicará a aceptación destas Condicións Xerais de Venda.
Prezos e Pagamentos
O vendedor resérvase o dereito de variar o prezo dos artigos sen previo aviso de acordo coas condicións do mercado. Os prezos publicados no noso catálogo non constitúen unha oferta e polo tanto obriga de subministralo ao devandito prezo.
Todas as facturas / albarás de compra son pagadoiras na data mostrada nas mesmas. O pagamento deberá ser efectuado polo medio indicado no momento do pedido e en Euros.
As formas de pagamento dispoñibles están reflectidas no noso catálogo pero para determinadas zonas algunhas delas poderían non estar dispoñibles, situación que se comunicaría ao comprador vía correo electrónico.
Dispoñibilidade dos produtos
O vendedor utilizará os seus mellores recursos para cumprir coas datas pactadas de entrega e estas non serán máis que estimativas polo que non afectarán á natureza deste contrato. A dispoñibilidade dos produtos mostrada no noso catálogo debería reflectir o estado real do produto aínda que algunhas veces poidan non estar actualizadas no momento da compra. Non obstante, en caso de falta de stock dalgún produto, esta será notificada vía correo electrónico ao comprador no prazo máis breve posible.
Variación do deseño
Aínda Que o vendedor fará todo o que estea nas súas mans para garantir que o produto subministrado corresponda exactamente en todos os aspectos ao ofertado no noso catálogo, pódense producir variacións menores nas especificacións das cores ou deseño, variacións que non habilitarán o comprador a rescindir este contrato.
Reclamacións
Non se admitirán nin haberá responsabilidade de danos (incluíndo os ocasionados durante o transporte) ou fallos no funcionamento dos produtos a non ser que o comprador o notifique vía correo electrónico ao vendedor antes das 48 horas posteriores á data de recepción dos produtos. Este período de tempo podería ser incrementado só no caso de que o fabricante do produto así o especificase na súa política de cambios.
Non se admitirán reclamacións nin haberá responsabilidade por produtos que difiran en cantidade ou especificacións dos dados ao comprador a non ser que o comprador o notifique vía correo electrónico antes dos 7 días seguintes á data de recepción destes.
Dirección Fiscal:
A TENDA DO VENTO
N.I.F.: B-27277755
Parque Eólico Experimental Sotavento - Momán - Xermade (Lugo)
C.P. 27826