Destacados

Mochila Solar

Mochila Solar
Código do produto: Aporo
Dispoñibilidade: En stock
Prezo: 90,00€
Sen Imposto: 74,38€
Cantidade:  
   - Ou -   

Práctica mochila deseñada para as  travesías máis intensas. Dispón de cinturón para repartir o peso nas costas á cadeira e integra unha placa solar e unha batería coa que cargar dispositivos móbiles en calquera momento.

Está dirixida a persoas que non queren estar pendentes do estado de carga dos seus teléfonos e tablets. Inclúe os conectores dos teléfono e tablets máis comúns.

O deseño pretende potenciar a máxima funcionalidade e a comodidade a persoas deportistas, aventureiras, excursionistas e urbanas. Fabricada en poliéster, conta con dous compartimentos de grande capacidade para libros e unha funda protectora acolchada para portátiles de quince polgadas. Tamén dispón dun panel organizador con varios compartimentos, peto interno de cremalleira e reixa que facilita a organización da carga de baterías e dispositivos e compartimento dianteiro con dous petos interiores para a placa solar e o seu panel protector.

A batería pode cargarse a través do USB do computador e permite recargar calquera dispositivo electrónico (móbiles, smartphones, tablets, MP3, MP4, etc.) en todo lugar e en todo momento. Así mesmo, a placa solar da mochila carga a batería mentres se está en movemento.
A batería conta cunha entrada mini USB para ser cargada a través da placa solar ou do ordenador e saída USB para cargar os dispositivos móbiles. Uns leds luminosos indican o estado da carga. As placas solares teñen unha potencia de 5 W e permiten recargar a batería nos momentos soleados. Ademais pode extraerse facilmente da mochila.

Grande calidade de acabados.

Escribe unha opinión

O teu nome:


A túa opinión: Nota: HTML non é traducible!

Puntuación: Malo           Bo

Introduce o código na casiña inferior:



Etiquetas: mochila solar


Tenda do Vento © 2012, by Engasoft