Xerador Eléctrico Portátil "PowerSpot Lanyard+"
Dispoñibilidade: Sen Stock
Sen Imposto: 95,04€
O xerador eléctrico portátil Lanyard+ permite obter electricidade en calquer momento e lugar con calquera combustible. Para funcionar, soamente require dun subministro constante de calor (xa sexa gas, alcohol, queroseno, madeira, unha prancha quente, unha vitrocerámica, etc). Coa chama dun queimador portátil de gas ou de alcol é capaz de xerar unha corrente eléctrica de 20W (potencia máxima), suficiente para cargar smartphones, minitablets, power banks, pilas recargables ou alumear unha tenda de campaña. É capaz de cargar dous móbiles simultaneamente ou de cargar e alumar ao mesmo tempo. Alimenta calquera dispositivo USB e aparellos de baixo consumo de 12 V.
Robusto, compacto e totalmente libre de mantemento, as súas reducidas dimensións convírteno nun dos xeradores eléctrico máis pequenos do mundo. Ideal para levar de viaxe, ao campo, camping, caravana, de pesca, á neve, etc. Doado de usar e cómodo para gardar.
CARACTERÍSTICAS
Peso: 562 g
Dimensións: Alto: 65 mm Ø: 100 mm
Potencia máxima: 20 W
Voltaxe máximo: 14 V
Amperaxe máximo: 1,9 A
Autonomía: 50.000 h de uso continuado
Temperatura de funcionamento: 150 ºC - 400 ºC
Consumo: 25 g de gas, alcohol ou queroseno / hora
Escribe unha opinión
O teu nome:A túa opinión: Nota: HTML non é traducible!
Puntuación: Malo Bo
Introduce o código na casiña inferior: