Condicións de Envío

Envíos por Transporte Urxente/correo postal:

O tempo de entrega estimado será de 48 Horas por MRW e de 4 ou 5 días por correos en días laborables e sempre que exista stock. O tempo computará dende a comprobación do ingreso efectivo do custe do produto mercado.

Se pasados 7 días non se entregou o paquete, Tenda do vento reclamará o envío, pero se non é localizado, Tenda do Vento estará exenta de toda responsabilidade, reembolsando ao cliente o valor do produto. Os paquetes adoitan entregarse antes das 14:00 horas, e o cliente debe responsabilizarse de que o produto poida ser entregado nese horario, ou especificar un horario alternativo no momento de facer o pedido. A Tenda do Vento non se fará responsable dos posibles custos adicionais que poidan xurdir se son necesarias varias viaxes á dirección de entrega facilitada polos clientes.


Recollida en tenda:

Pode marcar a opción recoller o produto na tenda física sinalando o casilleiro correspondente no formulario de pago. Unha vez comprobemos o pagamento do pedido notificarase por mail cando poderá recoller o produto.



Tenda do Vento © 2012, by Engasoft